lunes, 11 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

O Venres celebramos a festa do Entroido en Leiro
 No local social nos reunimos todos os nenos das escolas para cantar xuntos.
 Os nenos de Sisán nos disfrazamos de cebras, os de Ribadumia de fotógrafos de safari.
 Os nenos de Leiro de guepardos, e os de Lois de leóns.
Durante o percorrido polo entorno de LEIRO  foi un éxito, tivemos un tempo estupendo.
Disfrutamos dunha merenda exquisita, filloas, orellas, buñuelos, biscoito de chocolate......
 Grazas as familias pola colaboración na festa do Entroido.
Houbo tempo para xogar co profe Rafa todos xuntos co paracaídas.

Cantamos co profe Felipe a canción africana......O LELÉ.Aquí estamos disfrazados de cebra coa profe Ana.
Disfrutamos moito neste día de Entroido na sede en LEIRO, con todos os compañeiros do CRA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario